Ahora la Maga no estaba en mi camino, y aunque conocíamos nuestros domicilios, cada hueco de nuestras dos habitaciones de falsos estudiantes en París, cada tarjeta postal abriendo una ventanita Braque o Ghirlandaio o Max Ernst contra las molduras baratas y los papeles chillones, aun así no nos buscaríamos en nuestras casas. Preferíamos encontrarnos en el puente, en la terraza de un café, en un cine-club o agachados junto a un gato en cualquier patio del barrio latino. Andábamos sin buscarnos pero sabiendo que andábamos para encontrarnos.

Cortazar,
Rayuela

07/11/2008

3


Sei que non fun xusta.

Deixalo marchar é fácil. Como deixei o traballo, como deixei a Sara, como deixei todo aquilo que significase unha responsabilidade. Quizais a psicóloga tivese razón e este non sexa o camiño. Penso na soidade do hospital. No xardín escuro que imaxinei tantas veces. Eu afundida no lamacento verdor da noite. Necesito respirar. Non quero sentirme afogada por esta vida que non desexo escoller.

Miña pequena Sara.

Mañá; mañá será outro día. Mañá sairei á rúa, irei buscarte. Bicareite como só unha nai é quen de bicar a súa filla. Mañá será un novo día.