Nunca tiven unha canción de berce que lle cantar a Sara. Lembro ben que a durmía con aquela de "non canta na Cha ninguén/ por eso o meu carro canta..." Logo, xa de maiorciña, preguntabame porque eu non lle cantaba coma as outras nais. Eu non che son coma elas. Eu vou envolverche as cancións todas da terra para que as coides e llas deas aos teus fillos cando os teñas. Será a maneira en que fagamos futuro dende o noso pasado. Seu pai ría malintencionado e retrucaba Non che lle fagas caso. É que ela non sabe cantar cancións de berce porque a avoa sempre a durmía contándolle os dixomedíxomes das veciñas. E riamos os tres.
Aprenderei cancións para cantarche, miña pequena. Mañá sairei á rúa na Procura do tempo perdido, será como saborear novamente a madalena da túa infancia. Mañá irei recollerte ao colexio e non soltarei a túa man.