Regaláronme un espello para poderme ver como eu quixer. Pódese usar dende calquera lado sen necesidade de atravesalo. Podo imaxinar que persigo coellos ou que discuto con reinas antimonárquicas a quen nunca lles cortaría un indio a cabaleira.Alicia e o seu espello será o inicio do meu novo libro. Tamén me regalaron un novo caderno. Esta vez non ten pétalos no seu cartoné, ten sorrisos de colores. Algo anda a rondar polo meu mundo. Quizais o reloxo xa estea en hora e deba deixar de perseguir coellos brancos. Tal vez chegase a hora de recompoñer o puzzle cristalino que esvarou das miñas mans.
Pasei horas e máis horas mirándome no espello: co pelo solto, co pelo recollido, con el liso, con leves ondas, maqueada en rosas, maqueada suave, vestida de verde, con blusa branca. Hoxe foi o día das personaxes no meu espello. Ningunha falou, pero todas dixeron tanto!!!