Hoxe reparei nel. Nunca me fixara no veciño da casa de enfronte. Ás veces, só se ve a contraluz. Pasa horas e horas na ventá. Nalgún momento sospeito que me mira e devólvolle a mirada provocadora, inimiga, como reñéndolle por me espiar. Logo doume conta que lle gusta mirar a rúa e a choiva e a xente que pasa mentres a súa muller non chega, aló á media tarde. Entón, como un ritual ,desaparece da ventá durante cinco minutos.
En certa maneira creo que envexo a vida desa súa muller. Míroa detidamente cando aparca e cerra a porta do coche cun golpe suave do seu pé mentres terma do maletín e dos papeis (sempre chega cargada de papeis). Envexo os tempos en que eu era esa muller sen tempo e sen tristezas.
Hoxe lin un blogue no que se propoñía un certo debate sobre as excelencias das vacacións. Quixen escribir algo (gústame o rapaz que fai o blogue), pero non tiña nada que dicir. nada sensato, real, que dicir. Podería inventar as mesmas palabras que repetía cada un dos comentaristas e poñer praia, e mareas, e sol, e ocio, e cine, e viaxes... pero só pensaba na maldición do tempo "libre". Ese tempo que se libera para que nós sexamos escravas. Esta inactividade que constata a túa inutilidade nesta sociedade de mentes apuradas que non se lles permiten pausas por ningún momento. E lembro o despido. Voces comprensivas, toques no lombo de compañeirismo, sorrisos de empatía momentánea... e logo o silencio abrumador do teléfono.
Oio os seus pasos, vou marchar. Quizais mañá poida escribir algo do que fun.