Ao chegar a casa traía unha lámina de Lugrís. Ben, unha lámina non; a miña lámina. Este é o meu mundo; este e os poemas de Manuel Antonio. estoume acostumando a sorrir.Quería que o visedes, xa que eu non podo saír facer fotos. Agora debo escoller un marco, pero iso non sei se podo facelo por internet ;) De todos os xeitos, tampouco podería ir a unha tenda de molduras, non soporto o cheiro a vernices que as envolve. Gustaríame un en madeira, ou en cor azul cun "paspartús" deses como se escriban. Non, definitivamente en madeira. Colgareino no meu despacho; non neste, non. No que teño na casa. Se conseguise saír tal vez podería recuperar o meu antigo traballo. Pero deixaríao igual na casa.
Hai grandes poetas, hai grandes pintores. Somos unha terra fertil coas raíces ben encravadas no fondo.