E chegou o día. O momento das despedidas. Deixo esta casa con todo o seu pasado. Cos seus cinco anos de cativeiro desexado. Déixovos a vós, que nunca me coñecestes de todo, que só lembraredes a Alicia que non daba cruzado á outra beira da ventá.
Quizais volva con outra forma, con outras cores. Unha nova seguidora aparecerá con comentarios nas vosas casas, mais xa non serei eu, será a muller que nunca debeu deixar de ser. Agardo que a distancia non sexa longa, mais "oh capitán, oh meu capitán" se a viaxe cara Ithaca demora máis do previsto, non deixes que me arrastren as sereas e ven na miña procura. Pero lembra, eu xamais serei Penélope. Nunca máis!!! (Como berro atronador que racha as pedras da cidade catedralicia)

Quan surts per fer el viatge cap a Itaca,
has de pregar que el camí sigui llarg,
ple d'aventures, ple de coneixences.
Has de pregar que el camí sigui llarg,
que siguin moltes les matinades
que entraràs en un port que els teus ulls ignoraven,
i vagis a ciutats per aprendre dels que saben.
E iso espero para todas e todos vós: que sigades ventos ata atracar nas illas, ricos de todos os coñecementos, sen agardar máis riquezas. Entón comprenderemos cal é a nosa Ithaca.
Bicos, beijos, petonets, muxus, besos