Ahora la Maga no estaba en mi camino, y aunque conocíamos nuestros domicilios, cada hueco de nuestras dos habitaciones de falsos estudiantes en París, cada tarjeta postal abriendo una ventanita Braque o Ghirlandaio o Max Ernst contra las molduras baratas y los papeles chillones, aun así no nos buscaríamos en nuestras casas. Preferíamos encontrarnos en el puente, en la terraza de un café, en un cine-club o agachados junto a un gato en cualquier patio del barrio latino. Andábamos sin buscarnos pero sabiendo que andábamos para encontrarnos.

Cortazar,
Rayuela

26/03/2009

14

Hoxe pasou algo estraño. Ben, quizais o feito non é estraño senón a forma. Alguén me respondeu un comentario. Non dicía que eu era doce, nin amábel, nin atenta, nin respetuosa... Simplemente respondeu. Cre que as miñas ideas están erradas, que hai máis mundo fóra do que se ve na propia alma.
Gustoume ler o seu blog, gustáronme as súas palabras. Hai unha lista de "seguidores" inmensa disposta a falar e debater entre eles cada unha das palabras, cada unha das imaxes. Entrega fotos do mundo real, non baixadas dunha anónima rede fraudulenta.
Si, quizais sexa un fraude; mais tamén o refuxio para sobrepasar estes muros que me carcomen.


O teito é de pedra.
De pedra son os muros
i as tebras.
De pedra o chan
i as reixas.
As portas,
as cadeas,
o aire,
as fenestras,
as olladas,
son de pedra.
Os corazós dos homes
que ao lonxe espreitan,
feitos están
tamén
de pedra.
I eu, morrendo
nesta longa noite
de pedra.

Celso Emilio Ferreiro, Longa noite de pedra