
Sei que o seu mundo está a poñerse cabeza abaixo. podo notalo cada día no seu ton de voz. Sei que argalla algo. O certo é que falaramos de un ano. Vivir un ano na cidade ata que eu puidese enfrontarme novamente a aquelas miradas inquisidoras.
Sei que o meu mundo está patas arriba, pero creo que non teño medo. Quizais sexa eu quen o sorprenda un día destes.
Hoxe apetéceme mirar o sol que acariña a miña ventá. Farei a cea para cando el chegue.