Non hai moito movemento pola rede. Sigo coa miña discusión con Rexoubeiro sobre se abrir ou non o meu blogue. Non me apetece, é demasiado privado; creo que conta demasiadas cousas sobre min. Sería como ir con todos a unha praia nudista. Tamén é certo o que di, eu podo lelos a eles. Certo que abondan os comentarios e que non hai que pagar peaxe, pero tamén entendo a súa curiosidade sobre o que eu fago moitas horas tecleando neste vello ordenador.
Quizais á volta do verán, coa chegada de setembro, todo cambie. Setembro sempre vén cargado de novas e boas intencións que levan a soños alcanzables. Tal vez setembro sexa un mes propicio para cambiar ese dato na configuración (xa falo case coma unha blogueira).
Se o fago, debería contarllo primeiro. A fin de contas el é a persoa coa que vivo, quen atura as miñas prosmadas, os meus medos, os meus silencios, os meus arroutos. Non sería xusta senón llo falase primeiro.
Nese caso, por se me estás lendo agora, neste agora que para min aínda é futuro, quero que saibas que te amo, que te amei e que sei da forza toda por seguires ao meu lado. Non me deixes afundir antes de desatracar a barca.