Ás veces déixome apreixar por toda esta xente estraña e encerro miles de sabores descoñecidos. Podo compartir con eles sentimentos que nin sequera saben que teño, medos que non perciben, lágrimas que non chegan ao mar.
Abrázanme en palabras, que significan, ou non, pero que enchen espazos, eses espazos que cada vez baleiran máis a miña casa. Porque non é miña, nin nosa, nin sequera súa. É unha casa alugada para espantar monstros...
e a eles dálles por coarse polas regandixas da parede!!!