Por que tiña que levar eu a Sara ao colexio todos os días? Foi a miña man porque a súa estaba ocupada empuñando as armas coas que salvar o mundo, coas que vencer os preitos que nin tan sequera deben ser iniciados.
O conductor alegou que fora culpa miña. Culpa foi a negra palabra que empregou. Non me pareceu mal, non me doeu, A fin de contas levaba razón na súa explicitación. El circulaba placidamente polas rúas da vila cando a pequena, por culpa da súa nai, saíu á rúa coller a chaqueta que caera. Era vermella. Niso os dous estivemos de acordo.