
Hoxe é o cumpreanos dun gran amigo. Hai anos que non o vexo nin falo con el. Mándame sempre saúdos e bicos, e algunha vez un correo. Ao principio eran máis frecuentes, logo foi cansando. Bótoo de menos, como se añora aquilo que se sabe que non se volverá ter. Boto de menos o seu paso rápido, as súas palabras atropeladas, as súas mans movéndose, o seu reloxo pendurado dunha cinta do pantalón. Boto de menos aqueles consellos para ser desbotados, pero que sempre recordaban a alguén que lle pasara algo parecido. Boto de menos os seus contos, a súa voz.
Hoxe podería ser un bo día para escribirlle e regalarlle unha canción...