Sigo tendendo pontes. Leo os vosos correos cheos de ánimo. Grazas. Por serdes e estardes, malia non nos ter visto nunca. A miña indepedencia nace da dependencia das vosas letras, curiosa antagonía.Tenderei unha ponte que me levará directa das letras ata os seus ollos, ata os meus ollos, e abrireinos tanto que atraparei o mundo coa forza toda que me foi roubada durante este case xa cinco anos.