Medran palabras novas na miña ventáo meu contacto co mundo
a túa luz
e a súa voz
as súas pegadas cara a noite
os seus contos mentres ceamos
a súa mirada mentres me ispo
o seu roce cando loito por durmir
Medran palabras novas na iña ventá
que saben a vello
a sal de mares irrecoñecibles
a sol dourando corpos
no atardecer durmiñento de Perbes