Quería que tocases para min unha aria. Unha aria na que eu sería a protagonista quen suplicaba ao seu amor que a axudase a ser xusta, a volver ao mundo das nubes coloradas.Quería que me tocases, a min, como antaño acariñabas o teu piano (aquel que nunca foi de cola porque non caben nos salóns modernos)
Quería... queríate nos meus brazos traendo os sons doces do pasado que non debeu pasar.