Sigo buscando saídas a través deste monitor. Non teño forzas para achegarme á rúa máis aló da miña ventá.Recibín un correo através de rexoubeiro; parece que hai máis xente que quere comunicar comigo, como se os comentarios nas entradas só fosen vías paralelas con pouca información.
Certamente é información o que demandan? Que pode atraer das miñas palabras para que busquen un encontro fóra da luz pública?
Non quería dárllelo, pero non atopei unha excusa convincente.
teño medo de subir neste tren.