Ahora la Maga no estaba en mi camino, y aunque conocíamos nuestros domicilios, cada hueco de nuestras dos habitaciones de falsos estudiantes en París, cada tarjeta postal abriendo una ventanita Braque o Ghirlandaio o Max Ernst contra las molduras baratas y los papeles chillones, aun así no nos buscaríamos en nuestras casas. Preferíamos encontrarnos en el puente, en la terraza de un café, en un cine-club o agachados junto a un gato en cualquier patio del barrio latino. Andábamos sin buscarnos pero sabiendo que andábamos para encontrarnos.

Cortazar,
Rayuela

14/05/2009

26

Busco as saídas deste encerro a través dun mundo de fotogramas, pero fico encerrada nunha margarida que non pode desfollarse pedindo un si ou un non.

Pido respostas fóra, mais sei que han de vir de moi dentro.

Hoxe comecei ler novamente a Balzac:

"Con frecuencia, certas accións da vida humana parecen, literariamente falando, inverosímiles, aínda que son verdadeiras. Pero, ¿non será que se omite case sempre verter sobre as nosas determinacións espontáneas unha especie de luz psicolóxica, que explicaría as razóns misteriosamente concibidas que as fixeron necesarias? Quizá a profunda paixón de Eugénie debería ser analizada nas súas fibras máis delicadas; pois converteuse, dirían algúns bromistas, nunha enfermidade e influíu en toda a súa existencia. Moita xente prefire nega-lo desenlace a medi-la forza dos vínculos, dos lazos, das ataduras que soldan secretamente un feito a outro na orde moral. Aquí, o pasado de Eugénie serviralles, ós observadores da natureza humana, como garantía da inxenuidade da súa irreflexión e do repentino das efusións da súa alma. "