Hoxe é o meu cumpreanos, ou iso dixo cando espertou. Envolto en papel vermello cun enorme lazo azul había un caderno, un precioso caderno cheo de pétalos na súa portada. Pétalos de rosas de todas as cores. As follas daban imaxe de destinguidas polo paso tempo, malia ser novo, e viña acompañado dun lapis rústico que semellaba aqueles de carpinteiro. O lapis é de adorno; o caderno p
ara que escribas todo o que tes por contar, ou por soñar. Un maneira de agradecerche as palabras que colgas na rede e das que me fixeches partícipe. Unha maneira de dicirche que para min es importante, ti e todo o teu. Non es só a muller que vive nesta casa comigo. Es a miña Alicia, a miña pequena Alicia. Non teño présa porque veñas cara este lado do espello, pero tampouco quero que o demores moito. teño medo a non saber esperar. E ese foi o seu agasallo, a espera.
Síntome egoísta por non dar saído desta esporal na que me vin envolta, na que me enleo eu mesma. Recordo os seus ollos cando eran riseiros e non precisaban encherse de brillos esperanzados. Nós eramos no presente o noso propio futuro. Agora xa non sei se teño futuro.
ara que escribas todo o que tes por contar, ou por soñar. Un maneira de agradecerche as palabras que colgas na rede e das que me fixeches partícipe. Unha maneira de dicirche que para min es importante, ti e todo o teu. Non es só a muller que vive nesta casa comigo. Es a miña Alicia, a miña pequena Alicia. Non teño présa porque veñas cara este lado do espello, pero tampouco quero que o demores moito. teño medo a non saber esperar. E ese foi o seu agasallo, a espera.Síntome egoísta por non dar saído desta esporal na que me vin envolta, na que me enleo eu mesma. Recordo os seus ollos cando eran riseiros e non precisaban encherse de brillos esperanzados. Nós eramos no presente o noso propio futuro. Agora xa non sei se teño futuro.