Ahora la Maga no estaba en mi camino, y aunque conocíamos nuestros domicilios, cada hueco de nuestras dos habitaciones de falsos estudiantes en París, cada tarjeta postal abriendo una ventanita Braque o Ghirlandaio o Max Ernst contra las molduras baratas y los papeles chillones, aun así no nos buscaríamos en nuestras casas. Preferíamos encontrarnos en el puente, en la terraza de un café, en un cine-club o agachados junto a un gato en cualquier patio del barrio latino. Andábamos sin buscarnos pero sabiendo que andábamos para encontrarnos.

Cortazar,
Rayuela

29/09/2009

43

Puxérame como exrcicio ler o xornal todos os días, pero hoxe non o vou facer. Preparei o café, tomei unha torrada con xamón e xa estou aquí, disposta a non contar nada. Nada novo dende onte, nada novo dende os últimos catro (case cinco) anos. Deben estar a facer mudanzas no piso de enriba porque non para de darlle ao martelo. Moléstame moito. Podería agora mesmo vestirme e saír pasear á rúa; vai sol. Teño unha cámara de fotos de hai anos, daquelas analóxicas. Xa non sei se haberá carretes para ela. Gustaba de saír facer fotos. Fotografabamos as cousas máis incribles. Eu non sabía revelar e levábaas a unha tenda que había na vila. Sempre miraba raro e dicía con moita retranca aqueilo de "de vacacións ben, ou?". Eu sorría e afirmaba entusiasmada. "Moi ben. Non se fai unha idea dos lugares tan fermosos que visitamos". E claro, el non se facía idea vendo aqueles retallos de portas ou de ventás. Sorriamos, pagáballe e marchaba deixándoo coas súas maldicións interiores.

Ten unha filla da idade de Sara. Seguro que tamén está feita unha moza. Todo se detivo na miña vida mentres o tempo dos demais seguiu a correr sen reparar en nada. Eles non soltaran a súa man, nin oíran os freos do coche, nin sentiran o estomballar do corpo, nin o oíran o frío ruído dos cristais. Restos de cristais espallados por todas partes, sobre o seu corpo. E eu... Eu, fría, inmóbil, incapaz de artellar unha soa palabra, cravada cos zapatos no chan. Din que desmaiei. Iso din. Eu creo que foi a covardía que acabou de arrastrarme cal lombriga visgosa.

Dóeme a cabeza. Vou ler un anaco. Xa case estou rematando. Quizais Eugénie consiga...

Charles permaneceu na sala e a súa melancolía foi respectada. Cada unha das tres mulleres tivo en que ocuparse. Como Grandet abandonara os seus asuntos, presentáronse un sen fin de persoas. O louseiro, o fontaneiro, o albanel, os que andaban cavando, o carpinteiro, os que facían os valados, os caseiros; uns para concluír tratos relativos a reparacións, outros para pagar arrendamentos ou cobrar algo. A señora Grandet e Eugénie víronse obrigadas a ir e vir, a responder ós interminables discursos dos obreiros e da xente do campo.

Nanon cobraba as rendas na cociña. Sempre esperaba as ordes do amo para sabe-lo que se debía gardar para a casa ou vender no mercado. O costume do bo home era, coma o de gran número de fidalgos campesiños, bebe-lo viño malo e come-la froita estragada.