Supoño que hoxe cómpre agradecervos a todos e todas os cumprimentos polo meu aniversario, así como as lecturas do blogue (algunhas atentas incluso ao que foi pasando ata agora, que non pasou nada). Gustaríame ter algo fermoso que contar, unha aventura fóra deste vidro luminoso, mais a miña historia redúcese cada vez máis a estas catro paredes.
Escoito música, oio aínda que non quero o veciño, e de cando en vez atrapo o mundo do outro lado da ventá. Gústame imaxinarlles vidas a aqueles que están no outro lado, aqueles que son quen de saír cada mañá enfrontarse cos seus medos, abrazarse coas súas paixóns, enlearse coas novas preocupacións pola suba do pan, ou da gasolina, ou dos impostos indirectos nas gravadoras de CDs.