Hoxe comezaron o cole os máis pequenos. Vin subir os autobuses e recoller as pequenas que os agardaban nas paradas. Pensei na miña Sara. Ela sempre ía moi nerviosa no seu primeiro día de cole. Por primeira vez en catro anos apeteceume chamala por teléfono e preguntarlle se tiña ganas de empezar e volver coas súas amigas e coñecer a nova profesora. Cheguei ata o teléfono e estiven un bo anaco con el na man, descolgado, oíndo o pitido atroz que desprende cando non tes nada que dicir. Non marquei os números, pero pensei nela. Lembrei o seu sorriso de nena antes de que eu a soltase da man. Lembrei os seus ollos rebuldeiros. Lembrei aquela mochila de rodas que xa hai tempo non leva ao colexio. Parece que agora anda cunha mochila ao lombo, desas de Hannah Montana. Eu non sei ben quen é. Aparece nas novas canles que che ofrecen cando pos o aparello de TDT na televisión.
Nós (ben, creo que eu non tiven que ver niso) decidimos que non o mercaremos ata que vaiamos para a nosa casa de novo. A min dáme igual que non se poida ver a tele, para o que hai que ver!! Antes gustábame unha serie que poñían, Mulleres desesperadas, podías ficar pampa diante da pantalla sen necesidade de facer caso do que pasaba. Unha ringleira de mulleres co pelo de todas as cores paseaba por diante da miña cea. Non importaba o que dicían, servían como escape das palabras que non querían ser escoitadas.