Hoxe actuaban en Lalín, tamén estaba o mellor bombardino do mundo (iso creo). Lembrei a primeira vez que os oín en Ourense e como gocei coas súas pezas e o seu bo humor. Lamentei que esta maldita áncora non me deixase erguer os pés deste chan que empeza a pesar como lodazal avellentado.